De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola Dirección Territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 9 de decembro de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0274/2025-IA.
DNI da persoa interesada denunciada: 32675568C.
Acto de notificación: resolución.
