De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Borrifáns (Oza-Cesuras, A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.
A Coruña, 10 de decembro de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Zona de concentración parcelaria de Borrifáns (Oza-Cesuras, A Coruña)
|
DNI/Nome |
Nº prop. |
Acto notificado |
|
76317303Z |
99 |
Resol. 7.11.2025 |
|
Ramiro Lago García |
204 |
Resol. 7.11.2025 |
|
Antonio Sánchez Sánchez |
623 |
Resol. 7.11.2025 |
|
34887564Z |
727 |
Resol. 7.11.2025 |
