En sesións que tiveron lugar os días 9, 10 e 17 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, na quenda de acceso libre, á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas número 106 e 108; pasan a ocupar o seu lugar, respectivamente, as preguntas de reserva 146 e 147. Ademais, acórdase modificar o cadro de respostas no relativo ás preguntas 84 e 121, de xeito que a resposta correcta na pregunta 84 pasa a ser a opción d) e a resposta correcta na pregunta 121 pasa a ser a opción a). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e na Resolución deste tribunal do 11 de novembro de 2025, na quenda de acceso libre superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de 36 persoas, sempre que acaden en cada unha das partes un 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Se o número de aspirantes que superan o exercicio conforme a regra anterior resulta inferior ao número de prazas convocadas para esta quenda (9), o tribunal declarará, ademais, que superaron o exercicio aquelas persoas que acaden unha mellor puntuación ata que o número de aspirantes sexa igual ao número de prazas convocadas, sempre e cando acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 50 puntos.
Feita a corrección en sesión do día 17 de decembro de 2025, e consonte os anteriores criterios, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 50 puntos un total de 10 aspirantes e fixouse en 70 o número mínimo de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitos os descontos correspondentes (45 na primeira parte e 25 na segunda parte).
Terceiro. Na quenda de promoción interna non se presentou ningún aspirante.
Cuarto. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico, así como a relación das persoas que non acadaron o mínimo establecido na base II.1.1.1 da convocatoria.
Quinto. De acordo co disposto II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal
