DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66214

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 11, 12 e 17 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria:

– Na quenda de acceso libre, á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas número 32, 100, 105 e 112; pasan a ocupar o seu lugar, respectivamente, as preguntas de reserva 142, 146, 147 e 148. Ademais, acórdase modificar o cadro de respostas no relativo á pregunta 118, de xeito que a resposta correcta na pregunta 118 pasa a ser a opción a). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

– Na quenda de promoción interna, de oficio, anular as preguntas 7, 75, 80 e 87; pasan a ocupar o seu lugar, respectivamente, as preguntas de reserva 116, 120, 121 e 122. Ademais, acórdase modificar o cadro de respostas no relativo á pregunta 93, de xeito que a resposta correcta na pregunta 93 pasa a ser a opción a).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e coa Resolución deste tribunal do 11 de novembro de 2025, na quenda de acceso libre superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de 28 persoas, sempre que acaden en cada unha das partes un 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Se o número de aspirantes que superan o exercicio conforme a regra anterior resulta inferior ao número de prazas convocadas para esta quenda (7), o tribunal declarará, ademais, que superaron o exercicio aquelas persoas que acaden unha mellor puntuación ata que o número de aspirantes sexa igual ao número de prazas convocadas, sempre e cando acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. O exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 50 puntos.

Feita a corrección dos exames en sesión do día 17 de decembro de 2025, e consonte os anteriores criterios, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 50 puntos un total de 12 aspirantes e fixouse en 70 o número mínimo de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitos os descontos correspondentes (45 na primeira parte e 25 na segunda parte).

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e coa Resolución deste tribunal do 11 de novembro de 2025, na quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas que acaden en cada unha das partes o 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Se o número de aspirantes que superan o exercicio conforme a regra anterior resulta inferior ao número de prazas convocadas por esta quenda (3), o tribunal declarará, ademais, que superaron o exercicio aquelas persoas que acaden unha mellor puntuación ata que o número de aspirantes aprobados sexa igual ao número de prazas convocadas. Neste suposto, será imprescindible que acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez efectuados os descontos correspondentes.

Feita a corrección en sesión do día 17 de decembro de 2025, e consonte os anteriores criterios, na quenda de promoción interna acadou a puntuación mínima de 50 puntos un (1) aspirante fixouse en 57,5 o número mínimo de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitos os descontos correspondentes (32,5 na primeira parte e 25 na segunda parte).

Cuarto. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de e axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, así como a relación das persoas que non acadaron o mínimo establecido na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal