DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66150

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Advertidos erros na publicación da Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de educación infantil, educación primaria e educación especial, para o presente curso 2025/26, realizada no Diario Oficial de Galicia número 161, do 25 de agosto de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 46383, no anexo I, na liña do CEIP de Arzúa, código 15000612, na columna de postos de EP debe figurar 9; na columna de postos de EF debe figurar 2, e na columna de total debe figurar 22.

– Na páxina 46383, no anexo I, na liña do CEIP Plurilingüe de Cespón, código 15027149, na columna de postos de EI debe figurar 2 e na columna de total debe figurar 14.

– Na páxina 46383, no anexo I, na liña do CEIP Plurilingüe Vila de Cee, código 15003248, na columna de postos de OC debe figurar 0 e na columna de total debe figurar 25.

– Na páxina 46383, no anexo I, na liña do CEIP Paradai, código 27014793, na columna de postos de DO debe figurar 1 e na columna de total debe figurar 25.