En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar no tempo e na forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos que se indican competencia deste departamento territorial.
No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na praza da Estrela s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, se dará por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se darán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Vigo, 4 de novembro de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
|
Procedemento/nº de expediente |
Persoa interesada DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
|
BS210A/VI-126756 |
Z1798088E |
Requirimento de emenda de solicitude |
10.6.2025 |
|
BS210A/PO-127034 |
52492075A |
Requirimento de emenda de solicitude |
25.4.2025 |
|
BS210A/VI-120197 |
34870219B |
Requirimento de emenda de solicitude |
15.11.2024 |
