En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que sexa posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprazase as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican competencia deste departamento territorial.
No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles de que, de non facelo así, se lles terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese de que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer reclamación previa dentro dos 30 días seguintes ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixida á persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, conforme o artigo 71.2 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).
Vigo, 3 de novembro de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
|
Procedemento/Nº de expediente |
Persoa interesada DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
|
BS210A/VI- 113434 |
35679442W |
Resolución que ten por desistida a solicitude |
20.11.2024 |
|
BS210A/VI- 74717 |
35789218E |
Resolución que declara a extinción da prestación e o arquivamento do expediente |
30.7.2024 |
|
BS210A/VI- 71585 |
35191456F |
Resolución que declarando a caducidade e o arquivamento do expediente |
26.6.2024 |
|
BS210A/VI- 91747 |
76833980L |
Resolución que declara a caducidade e o arquivamento do expediente |
26.6.2024 |
