DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á delimitación de solo de núcleo rural de Valboa, na parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón (expediente 2025AAE3031).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 9 de decembro de 2025 sobre a delimitación de solo de núcleo rural de Valboa, na parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3031).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade