Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio, as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI712 e CTC As Laxes-O Confurco que figuran no anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Economía e Industria. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 10 de decembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/331-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS ATI712 e CTC As Laxes-O Confurco.
Concello: O Porriño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito do prezo xusto |
|
2 |
36039A006000220000DR |
Descoñecido |
2025/54/545 |
|
3 |
36039A006000230000DD |
María del Carmen Rodríguez Acuña |
2025/54/544 |
