En cumprimento do disposto no artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada co proxecto que se detalla a continuación.
1. Antecedentes.
1º. Con data 3.2.2025, o proxecto dunha nova planta produtiva sustentable, avanzada e automatizada na Pobra do Caramiñal (A Coruña), promovido por Congalsa, S.L., foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
2º. O 4.12.2025, o promotor presentou toda a documentación exixida pola normativa aplicable. Unha vez completa a documentación, de acordo co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, a Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria continúa coa tramitación do expediente e somete a información pública o proxecto dunha nova planta produtiva sustentable, avanzada e automatizada na Pobra do Caramiñal (A Coruña), promovido por Congalsa, S.L.
2. Datos do proxecto.
• Solicitante/promotor: Congalsa, S.L.
• NIF: B15269392.
• Domicilio social: polígono A Tomada, 13. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
• Denominación do proxecto: nova planta produtiva sustentable, avanzada e automatizada.
• Concello afectado pola industria: A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
• Situación da industria: polígono industrial da Tomada.
• Actividade: código CNAE 1021: procesamento de peixes, crustáceos e moluscos.
• Categoría principal da actividade: con respecto ao encadramento do proxecto no ámbito da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o proxecto encádrase no grupo 2. Industrias de produtos alimenticios. b) Instalacións industriais para o envasado e enlatado de produtos animais e vexetais do anexo II, polo que estaría sometido ao procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada.
• Descrición do proxecto: o proxecto consiste na modificación e adecuación da nave industrial existente, situada nas parcelas 16-17 no polígono industrial da Tomada, para destinala á transformación, elaboración e comercialización de produtos conxelados, creando unha nova planta produtiva sustentable, avanzada e automatizada.
• Instalacións do proxecto.
O proxecto consiste na ampliación dunha nave industrial que inclúe unha pasarela e a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais.
A nave constará das seguintes instalacións:
|
Planta baixa |
Entreplanta |
|
Elaboración e cocción |
Vestiarios/comedor |
|
Produción túneles e envasado |
Escaleira protexida |
|
Cámara frigorífica |
Corredor |
|
Almacenamento de cartón |
Oficinas xerais/escaleira |
|
Almacenamento de plástico e papel |
|
|
Zona de descarga |
|
|
Sala de máquinas |
|
|
Centro de transformación |
|
|
Sala de caldeiras |
|
|
Sala cadros B.T |
|
|
Peirao de carga de materia prima |
Ademais, incorpórase o correspondente equipamento para as instalacións técnicas, as liñas de produción e os sistemas de monitorización dos procesos.
• Investimento previsto: 26.183.239,76 €.
3. Obxecto da información pública:
Sométense a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada e o proxecto dunha nova planta produtiva, sustentable, avanzada e automatizada no polígono industrial da Tomada, promovida por Congalsa, S.L, para os efectos das autorizacións administrativas que procedan. Todo o anterior de forma conxunta, en virtude do disposto no artigo 79.4. do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro.
• Documentación que se expón:
5_Proyecto Ejecución PIE_20-10-2025.pdf
14_2_PIE CONGALSA,_ PROXECTO CONSTRUCTIVO_PRESUPUESTO NAVE.pdf
21_8_PIE CONGALSA,_EDARI_ Estudio Anteproyecto y Calculos As.pdf
23_Anejo n10. Servicios afectados.pdf
24_7 PIE CONGALSA,__Proyecto PASARELA Bienes y derechos.pdf
28_7_IN230A_PIE_ANÁLISIS COMPATIBILIDAD ESTRATÉGICA_ACE.pdf
12_Modificación sustancial AAI_secreto_empresarial fdo_si.pdf
O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
