DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza ás persoas titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Referencia catastral

Situación

Persoa titular

2025/V001/000056

4421907NH6942S0001AY

Rúa Ánxeles, 40

Victor García Castiñeira

2025/V0001/000056

4421942NH6942S0001AY

Rúa Cruz Verde

Montajes Xora, S.L.

2025/V001/000103

4328917NH6942N0001WZ

Rúa Saavedra Meneses, 49

Ruanova Marcote Ángela (herdeiros/as de)

2025/V001/000103

4328916NH6942N0001HZ

Rúa Saavedra Meneses, 51

Dopico Rey María Isabel (herdeiros/as de)

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, dispoñen dun prazo idéntico para cumprir coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, de retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno no prazo de quince días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 19 de novembro de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa