DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a continuación, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o punto 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Referencia catrastral

Situación

Titular

2025/V001/000011

15009A004009050000EE

Polígono 4-parcela 905 Travesa

En investigación

2025/V001/000011

15009A004009090000EH

Polígono 4-parcela 909 Tras das Bodegas

Ares Castro Federico

2025/V001/000011

15009A004009100000EZ

Polígono 4-parcela 910 Travesa

En investigación

2025/V001/000101

15009A010001730000EW

Polígono 10-parcela 173 Cea

Couceiro Amor Jesús

(herdeiros/as de)

2025/V001/000101

15009A010001740000EA

Polígono 10-parcela 174 Cea

Loureda Pereira Dionisio

(herdeiros/as de)

2025/V001/000110

15009A005005650000ES

Polígono 5-parcela 565 Mouros

En investigación

2025/V001/000110

15009A005005640000EE

Polígono 5-parcela 564 Mouros

Pardo Fernández José

herdeiros/as de)

As persoas interesadas en coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, dispoñen dun prazo idéntico para cumprir coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consieren oportuno, no prazo de quince días desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 19 de novembro de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa