DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico/a de administración xeral, funcionario/a de carreira, polo sistema de oposición libre, incluída na oferta de emprego público do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra núm. 243, do 19 de decembro de 2025, publicáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de administración xeral, funcionario/a de carreira, grupo A, subgrupo A1, escala de administración xeral, subescala técnica, polo sistema de oposición libre, no Concello de Dozón.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do Concello de Dozón https://dozon.sedelectronica.gal/

Dozón, 19 de decembro de 2025

Adolfo Campos Vázquez
Alcalde