DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente 2025/PLANEAM/000008.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela C do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV (documento NRE 2025024658, do 14 de novembro).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado na páxina web do concello www.oleiros.org, na epígrafe de Urbanismo-Ordenacións urbanísticas aprobadas.

Oleiros, 3 de decembro de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente