Logo de iniciarse os expedientes relativos ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e ao non ser posible efectuar a notificación da forma habitual ás persoas titulares da referencia catastral que se relaciona a continuación, e segundo o establecido no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírense as persoas propietarias da parcela para que, no prazo de quince (15) días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, executen os traballos de limpeza da maleza existente nela, así como a retirada de especies arbóreas prohibidas, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria de acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007.
|
Expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Persoa responsable |
|
448/2025 |
27047A008003320000SJ |
Polígono 8, parcela 332 Lg. de Centeais, Veiga, Codeseira, A Pobra do Brollón (Lugo) |
Ramón Corujo González (herdeiros de) |
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.
A Pobra do Brollón, 3 de decembro de 2025
José Luis Maceda Vilariño
Alcalde
