Mediante a resolución da Alcaldía deste concello do 9.12.2025 aprobouse a oferta de emprego público correspondente á/ás praza/s que a seguir se apuntan para o ano 2025:
Persoal laboral:
|
Denominación |
Categoría |
Grupo de cotización |
Nº de prazas |
|
Limpador de edificios municipais |
Limpador |
10 |
1 |
|
Limpador de edificios municipais (parcial 50 %) |
Limpador |
10 |
1 |
|
Auxiliar de axuda a domicilio (SAF) |
Auxiliar |
10 |
2 |
|
Peón de servizos múltiples |
Operario |
10 |
1 |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Amoeiro, 19 de decembro de 2025
José Luis González López
Alcalde
