Está en trámite unha concesión administrativa a favor de UFD, Distribución Electricidad, S.A. para a legalización da ocupación do dominio público portuario para a subministración eléctrica no porto de Caión, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 2 de setembro de 2025 e segundo a confrontación do documento técnico: Legalización de instalacións propiedade de UFD, S.A. no porto de Caión (concello da Laracha), asinado o 30.8.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado número 2980.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficiñas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 2 de decembro de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
