De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Vigo.
A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, nº 9, 7º andar, torre 2, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 10 de decembro de 2025
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R002/3998/2023.
CIF/NIF da persoa interesada: 49913336R.
Acto notificado: requirimento da inspección de consumo 36R002/R-RDG/86/2025.
