DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de decembro de 2025 polo que se notifica a visita de inspección para a toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/105/2012.

Mediante a Resolución do 5.4.2021, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dispoñer a execución subsidiaria, con cargo ás persoas obrigadas e dos seus habentes-causa, da resolución da directora da Axencia de Protección do 2.5.2013, mediante a demolición das obras de construción obxecto do expediente IU3/105/2012.

Para poder dar continuidade ás actuacións de execución, e por resultar determinante para a redacción do proxecto técnico de demolición, vaise realizar unha visita de inspección ás ditas obras o 28 de xaneiro de 2026, ás 10.30 horas, para a toma de datos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da visita ás persoas interesadas con DNI 76745574W e 34628444N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da visita de inspección que se notifica, acordada no dito expediente, está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística