DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 2025 Páx. 66535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de decembro de 2025 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nun expediente de reclamación de débeda por impagamento dunha vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

LU-83010:30

Comunidade hereditaria de Andrés Menjibar Pajón e María Piedad Luaces Bouza

Acto obxecto de notificación:

Notificación da liquidación da débeda correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer recurso ningún.