No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 485/2025 (procedemento abreviado), interposto por Juan José Regueiro Balado contra a Resolución do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 195, do 9 de outubro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
