DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 2025 Páx. 66537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da convocatoria e bases de cinco prazas de profesores CMUS nas especialidades de Trompa, Linguaxe Musical, Acordeón, Violonchelo (OEP 2024) e Viola (OEP 2025) polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 225, do 24 de novembro de 2025, publicáronse as bases das seguintes convocatorias:

– 5 prazas de profesores CMUS (grupo II, equivalente a A2) nas especialidades de Trompa, Linguaxe Musical, Acordeón, Violonchelo (OEP 2024) e Viola (OEP 2025).

Prazo de presentación de instancias: 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na sede electrónica do Concello.

Carballo, 4 de decembro de 2025

José Daniel Pérez López
Alcalde