No BOP da Coruña núm. 225, do 24 de novembro de 2025, publicáronse as bases das seguintes convocatorias:
– 1 praza de auxiliar administrativo (grupo C, subgrupo C2) da escala da Administración xeral, subescala auxiliar (OEP 2023).
Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e na sede electrónica do Concello.
Carballo, 4 de decembro de 2025
José Daniel Pérez López
Alcalde
