BDNS (Identif.): 877222.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/877222
Primeiro. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para desenvolver áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Financiamento
As subvencións financiaranse con cargo á aplicación 05.08.512A.770.0, de acordo coa seguinte distribución:
|
Aplicación |
Código de proxecto |
2026 |
2027 |
Total |
|
05.08.512A.770.0 |
2023 00247 |
300.000 |
260.000 |
560.000 |
Terceiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídas as persoas autónomas, que estean activas no momento da presentación da solicitude, sen prexuízo de que cumpran os demais requisitos que estableza a orde.
Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Quinto. Bases reguladoras
Orde do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para a concesión de subvencións, mediante tramitación anticipada e en réxime de concorrencia competitiva, para desenvolver áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IF313A).
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
