Expediente: IN407A 2025/079-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS y substitución CT 15CWN5 (Pontedeume).
Concello: Pontedeume.
1. Características técnicas:
Desmantelamento do CT 15CWN5-Boebre Parga (expediente 1998/266) de 250 kVA; substitución por un novo CTC prefabricado con envolvente de formigón de 250 kVA/15 kV que se instalará en parcela próxima con referencia catastral 4248912NJ6044N0001SJ, situada no lugar de Boebre (Pontedeume).
Desmantelamento da derivada ao CT 15CWN5-Boebre Parga (expediente 1998/266) de 260 m de lonxitude en condutor LA-30, desde o apoio AP1UGXA2//80-19 ata o PAS situado no apoio AP703N8F//80-19-4 na que se realiza a transición a subterráneo que alimenta ao CT que se vai desmontar.
Proxéctase unha LMTS de 417 m de lonxitude en condutor RHZ1-150 desde a cela de liña do CT 15CBTS-Boebre Sixto (expediente 2004/133) ata a cela de liña do novo CT proxectado.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 4 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Pontedeume
(expediente IN407A 2025/079-1)
|
Nº parcela |
Lugar referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Lg Sisto 4248912NJ6044N0001SJ |
Urbana |
Inés Castelos Vázquez |
CT + acceso |
31.22 |
||||
Abreviacións:
ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot: superficie de servidume soterrada.
