Mediante a Resolución do 21 de febreiro de 2023, a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dispoñer a execución subsidiaria con cargo á/ás persoa/s obrigada/s da Resolución da Dirección da Axencia de Protección do 28 de setembro de 2017, mediante a demolición das obras de construción dunha vivenda obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística COR 127 2016 RP1.
Para poder dar continuidade ás actuacións de execución, e por resultar determinante para a redacción do proxecto técnico de demolición, vaise realizar unha visita de inspección ás ditas obras, amparada polo Auto 108/2025, do 13 de novembro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña (ED 186/2024), o 12 de febreiro de 2026, ás 10.30 horas, para a toma de datos e mostras.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta vista á persoa con DNI 53799335N, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da visita de inspección que se notifica, acordada no dito expediente, se atopa á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle/lles sirva de notificación á/ás citada/s persoa/s interesada/s en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
