DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 2025 Páx. 66527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cuntis (expediente DH.A36.110640).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Manuel Otero López en representación da Comunidade de Usuarios de Toucedo.

Expediente: DH.A36.110640.

Volume total anual: 966,42 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,2 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous (2) mananciais nas parcelas 263 e 275 do polígono 503 do catastro de Cuntis.

Lugar: A Igrexa.

Parroquia: Piñeiro.

Concello: Cuntis.

Descrición:

A auga condúcese a distribuidor en parcela 275, polígono 503 do que parten tubaxes cara ás vivendas que abastece a Comunidade. Preténdese substituír distribuidor por caseta que conterá seis depósitos individuais.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 26 de novembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur