O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o pasado 28 de marzo de 2025, aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP 0503, Bordeiras ao porto de Suevos, punto quilométrico 1+000 ao 2+100 (Arteixo), do Plan de investimentos en vías provinciais 2025.
Para o seu desenvolvemento cómpre executar diversas expropiacións, polo que mediante a Resolución número 17105, do 9 de abril de 2025, o presidente da Deputación encomendou os traballos necesarios para levar a cabo os expedientes de expropiación da citada obra.
Efectuada a oportuna tramitación técnica, púxose de manifesto que unha parte das expropiacións necesarias afectan solo urbano máis aló das aliñacións fixadas polo plan urbanístico. O Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial da Coruña emitiu o pasado 27 de novembro de 2025 informe xustificativo da necesidade de executar o proxecto nos termos inicialmente aprobados, para poder dotar dunha axeitada seguridade viaria a estrada DP 0503 ao seu paso polo núcleo de Suevos, onde a plataforma da estrada é moi estreita e non existen beirarrúas ou sendas que permitan unha circulación segura dos peóns.
O artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, define como modificacións substanciais das estradas existentes todas aquelas que afecten de maneira significativa o plan urbanístico municipal, e establece que deberá ser sometido o proxecto ao trámite de información pública previsto na citada lei por un prazo de trinta días hábiles, para que calquera persoa que así o considere poida formular alegacións sobre a concepción global do trazado.
O proxecto pode consultarse na seguinte ligazón:
https://nube.dacoruna.gal/index.php/s/mTQxbz3gNM9ztPR
As alegacións que se formulen deberán dirixirse á Deputación Provincial da Coruña, Servizo de Vías e Obras.
Transcorrido o citado prazo de información pública e os prazos de informe das administracións afectadas, daráselles resposta motivada ás alegacións e aos informes presentados, e o informe final resultante porase ao dispor das persoas interesadas e notificaráselles ás administracións das cales se solicitou informe e ás demais persoas particulares que formularon alegacións. Por último, resolverase sobre este expediente de información pública.
A Coruña, 22 de decembro de 2025
|
Valentín González Formoso |
Miguel Iglesias Martínez |
