DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 2025 Páx. 66444

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 19 de decembro de 2025 pola que se publican as bases das bolsas comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso académico 2025/26.

BDNS (Identif.) 876927.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/876927

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado no curso 2025/26 en estudos de grao ou máster universitario en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría O Meixoeiro).

Segundo. Obxecto

Estas bolsas teñen por obxecto garantir a igualdade de oportunidades do estudantado cunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na Universidade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan bolsas comedor no curso académico 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos mil euros (200.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 20 de decembro de 2025 ata o 20 de xaneiro de 2026.

Vigo, 19 de decembro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade