DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 2025 Páx. 66442

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 18 de decembro de 2025 pola que se publican as axudas ao estudo propias no curso 2025/26.

BDNS (Identif.) 876632.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/876632

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado na Universidade de Vigo en titulacións oficiais de grao e máster universitario en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría O Meixoeiro).

Segundo. Obxecto

O obxecto das axudas é atender as necesidades do estudantado matriculado en titulacións oficiais que presentan circunstancias económicas ou familiares que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan axudas ao estudo no curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de douscentos mil euros (200.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de decembro de 2025 ata o 30 de xaneiro de 2026.

Vigo, 18 de decembro de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade