DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66571

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 118/2025, do 29 de decembro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural a Marta Forés Lojo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural a Marta Forés Lojo.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural