DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66570

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 117/2025, do 29 de decembro, polo que se nomea director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a Damián Rey Rodriguez.

En virtude do establecido nos artigos 15.2 dos estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aprobados polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,

Nomeo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a Damián Rey Rodríguez.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública