Expediente: PB 10/2025.
Solicitante/promotora: Ausma Investments, S.L.U.
Denominación: BESS Meirama.
Termo municipal: Ordes.
1. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
O anterior faise público para coñecemento xeral e exame da documentación técnica e, de ser o caso, presentación de alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 3 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
