DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 5 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Os Blancos número 332, no concello dos Blancos, na provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a documentación relacionada coa solicitude de ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Os Blancos número 332.

– Solicitante: Canteras Xinzo, S.L.U., co NIF B27877646.

– Denominación do proxecto: proxecto de explotación ampliación da autorización de explotación Os Blancos número 332.

– Recurso: granito ornamental.

– Concello afectado: Os Blancos, na provincia de Ourense.

– Documentación que se expón:

1. Proxecto de explotación (asinado o 14.2.2025).

2. Plan de restauración (asinado o 14.2.2025).

3. Estudo de impacto ambiental (asinado o 17.11.2025).

4. Resumo non técnico.

O que se fai público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar a documentación e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de explotación e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto de explotación está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Ourense, 5 de decembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense