DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de decembro de 2025 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D27.104564.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIE X1516576W a Resolución do 16 de setembro de 2025 ditada no expediente sancionador DH.D27.104564.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor, de conformidade cos artigos 121 e 122 da LPAC, recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia