De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIE X3255494M o requirimento do 20 de outubro de 2025 realizado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador DH.D27.95007.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Así mesmo, indícase que dispón do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, para o cumprimento da obriga de repor establecida na resolución ditada no expediente sancionador DH.D27.95007, dirixíndose ao Servizo Territorial da Mariña de Augas de Galicia co fin de solicitar a concesión do aproveitamento denunciado, no caso que sexa pertinente tal solicitude.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
