Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública por petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: avenida Pontevedra, 14, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: LMTS y CD Pazos, conexión CD Jemarpo 01.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ5 18/30 kV 3 (1×240) mm² Al , de 2.094,5 metros de lonxitude, con orixe no centro de distribución Pazos e final no futuro centro de distribución Jemarpo 01.
A instalación está situada nos lugares de Pazos e Caritel, no concello de Ponte Caldelas.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.
Pontevedra, 13 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2024/374-4 modificado.
Denominación: LMTS y CD Pazos, conexión CD Jemarpo 01.
Concello: Ponte Caldelas.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio (m2) |
Servidume |
||||||
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Caritel |
Monte |
36043A030012080000JO |
CMVMC Caritel |
93 |
- |
618 |
