DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2025/058-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o 28.7.2025 na Coruña polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG, e visado polo citado Colexio Profesional o día 31.7.2025 co número 20252015.

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.; NIF: B15639727.

Domicilio: rúa Galera, 15, 15003 A Coruña.

Denominación: LMTS derivación a Depuradora e reforma LMT derivación a Paradela.

Situación: lugar de Castro Caldelas, concello de Castro Caldelas.

Orzamento: 48.400,15 €.

Características técnicas:

–Desmonte do tramo da LMT derivación a Paradela entre o apoio núm. 1-3 e o apoio núm. A18-1 que tamén se retira.

– LMT subterránea, a 20 kV, de 235,84 m de lonxitude, en condutor RHZ1-OL 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no CST existente Conde Oleiros e final no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm. A19-1, de celosía metálica, do tipo C-3000/14.

– LMT aérea, a 20 kV, de 49,38 m de lonxitude, en condutor LA-56 con orixe no apoio proxectado núm. A19-1 anterior e final no apoio existente núm.1-3.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 24 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense