A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación CESGA) cualificada e inscrita no Rexistro único de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar.
Segundo o artigo 26 dos seus estatutos corresponde á Presidencia do CESGA o nomeamento da persoa titular da xerencia.
Na súa virtude, mediante este anuncio, convócase unha praza de xerente en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.
As bases e as condicións atópanse na web seguinte e no seu taboleiro de anuncios:
https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do CESGA.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Presidenta Padroado Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
