Aprobado inicialmente o Plan parcial do sector AR-S02, por Resolución da Alcaldía do 3 de decembro de 2025, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública por prazo de dous meses, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:
http://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal
Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquer interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.
Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.
A área afectada é a seguiente: Sector de Solo Urbanizable Delimitado que o PXOM de Vilamartín de Valdeorras denomina AR-S02.
Vilamartín de Valdeorras, 5 de decembro de 2025
Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde
