DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67491

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se fai pública a adxudicación definitiva unha vez resolto o concurso de méritos específico para a provisión de cinco postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos.

Mediante a Resolución do 4 de abril de 2025 (DOG do 11 de abril) convocouse o concurso de méritos específico para a provisión de cinco postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade da Coruña.

Unha vez rematada a valoración de méritos, a Comisión de Valoración elevou á xerente a proposta de adxudicación definitiva de prazas.

En aplicación do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, en uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),

RESOLVO:

Adxudicar definitivamente os postos que se relacionan no anexo, de conformidade co establecido na base oitava da convocatoria.

Que a data de cesamento será o día 19 de xaneiro de 2026 e o prazo para tomar posesión será de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia do/da funcionario/a, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computar desde a dita data. Neste caso, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Para todos os efectos, o prazo de toma de posesión considerarase como de servizo activo, polo que os efectos económicos comezarán desde a data de cesamento no destino de procedencia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de decembro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Nº de praza

Praza adxudicada

Unidade de destino

Centro de destino

***8397**

Noguerol Gómez, Ramón José

76

Xefatura de servizo

Servizo de Control Interno

Reitoría

***8646**

Figueiras Casariego, María Elena

357

Xefatura de servizo

Servizo de Estudantes

Casa do Estudantado

***5110**

Carrera Sampedro, Celsa

105

Xefatura de sección de Contratación

Servizo de Contratación Administrativa

Reitoría

***8786**

Gacio Corral, María Paula

765

Xefatura de sección de Xestión da Investigación II

Equipo de Xestión da Investigación

Edificio dos Servizos Centrais de Investigación

*********

Deserta

240

Xefatura de servizo

Servizo de Organización Académica

Reitoría