A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 15 de decembro de 2025, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
1. Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
a) 2 bolsas de formación en comunicación institucional.
b) 2 bolsas de formación en publicacións.
c) 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
d) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
2. Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.
As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia
