DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2026 Páx. 260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 12 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 306/25, en relación coa Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre ou de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 306/25, en relación coa Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal, ou o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal