DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2026 Páx. 258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 20245, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Chandrexa de Queixa (expediente IN407A 2024/64-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios números 63 e 63-4, situada no concello de Chandrexa de Queixa, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícaselle a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) con cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 12 de decembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/64-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios números 63 e 63-4.

Concello: Chandrexa de Queixa.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data da acta de ocupación

3

A Gándara

32030A032007350000OO

Herdeiros de Montserrat Rodríguez

22 de outubro de 2025