Expediente: IN407A 2024/100-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Modificado Regulamentación LMT POT806 en Bazarra-apoio de madeira-cambio de explotación a POT809.
Concello: Cee.
1. Características técnicas:
– Novo apoio de celosía 1000/14 en amarre coa instalación dun reconectador derivando en aéreo do apoio 97N2WQ45//13 existente; neste é necesario ancorar o PAS existente e a cruceta de XS máis baixa para poder intercalar entre a cruceta dos XS e a cruceta da liña principal unha nova cruceta de derivación.
– Nova liña eléctrica de media tensión aérea de 20 kV, condutor LA-110, cunha lonxitude de 8 metros, con orixe no apoio existente 97N2WQ45//13 de celosía existente e final no apoio proxectado.
– Nova liña eléctrica de media tensión subterránea de 20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, cunha lonxitude de 279 metros, con orixe no PAS que se vai realizar no apoio proxectado e final nos empalmes que se van realizar na arqueta próxima ao apoio 97J20PI0//14-4.
– Nova liña eléctrica de media tensión subterránea de 20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, cunha lonxitude de 25 metros entre a cela en reserva do CT 15XGVM ata o pombal 97GWVN7W//14-14 CT, realizando un PAS para manter o servizo ao CT 15PJC0 particular.
– Desmantelamento da LMTA POT806 entre o apoio 97M1QWPT//14 e o CT 15XGVM, realizando unha variante soterrada para alimentar todos os CT desde as saídas con matrículas POT806 e POT809.
Instalacións xa executadas con base no proxecto orixinal autorizado:
– Nova liña eléctrica de media tensión subterránea de 20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, cunha lonxitude de 1.014 metros, con orixe no centro de transformación existente Edificio San Adrián, de matrícula 15XFQQ, ata o centro de transformación existente Toba de Arriba, de matrícula 15CLJH.
– Nova liña eléctrica de media tensión subterránea de 20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, cunha lonxitude de 652 metros, con orixe nos empalmes MT da apertura da POT809 e fin no centro de transformación existente Bazarra, de matrícula 15XGVM.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 4 de decembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Cee.
Modificado Regulamentación LMT POT806 en Bazarra-apoios de madeira-cambio de explotación a POT809 (Cee).
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Xallas. Ref. catastral: 15023A01800404 |
Rústico |
Manuel Santamaría López |
Apoio |
2.0 |
8.0 |
4.0 |
96.0 |
12.0 |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
