DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2026 Páx. 274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior que desenvolve o SUNC-6 A Muxeira.

Unha vez aprobado inicialmente o Plan especial de reforma interior que desenvolve o SUNC-6 A Muxeira, mediante o acordo da Xunta de Goberno Local do 1 de decembro de 2025, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese á información pública por prazo de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (https://soutomaior.sedelectronica.es).

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificacións da ordenación urbanística vixente.

1. Áreas obxecto de suspensión de licenzas: a totalidade do ámbito do solo urbano non consolidado SUNC-6 A Muxeira.

2. Tipo de licenza: licenza de parcelamento de terreos, edificación e demolición.

3. A duración da suspensión é de dous anos, e extinguirase coa aprobación definitiva.

Soutomaior, 9 de decembro de 2025

Manuel A. Lourenzo Sobral
Alcalde