DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2026 Páx. 443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no procedemento abreviado 502/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 502/2025 (procedemento abreviado), interposto por Alba Iglesias Roca, contra:

– Resolución do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a). (DOG núm. 64, do 2 de abril).

– Resolución do 22 de outubro de 2025, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de reposición interposto pola recorrente o 8 de abril de 2025 contra a Resolución do 13 de marzo de 2025.

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos