DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2026 Páx. 444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO do procedemento de execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas no polígono 124, parcela 495 (expediente 705/2025).

Decreto da Alcaldía.

Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria da xestión de biomasa e de retirada de especies arbóreas na parcela 495 do polígono 124, segundo consta no Catastro deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Considerando que con data do 9 de outubro de 2025 se lles notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo isto de conformidade co disposto no artigo 2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

Considerando que, malia o prazo transcorrido ata hoxe, seguen a incumprirse as obrigas legais de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e cuxos custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Por este anuncio, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria por parte do Concello de Begonte da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas da parcela 495 do polígono 124, segundo consta no Catastro deste concello, cuxos titulares catastrais son os herdeiros de Eugenio Castro López, por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Segundo. Encomendarlle os traballos de execución subsidiaria –dada a carencia de medios municipais propios– á empresa Servicios Forestales Begal, con CIF B56694342. As persoas responsables deberán facilitar os accesos necesarios sen que se requira ningunha autorización ao respecto.

Terceiro. As especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previstos na dita Lei 3/2007; os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.

Cuarto. Efectuar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies arbóreas retiradas.

Quinto. Notificarlles esta resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.

Recursos. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poidan simultanear ambos os dous.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa deste ou ata a súa desestimación por silencio, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Begonte, 4 de decembro de 2025

José Ulla Rocha
Alcalde