DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2026 Páx. 446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de administrativo (adscrita ao Departamento de Urbanismo).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 235, do 9 de decembro de 2025, publicouse o anuncio relativo ás bases e á convocatoria que rexerán o seguinte procedemento de selección:

Persoal: funcionario. Grupo: C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa. Denominación: administrativo. Vacantes: 1. Forma de provisión: oposición. Quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Oroso, 10 de decembro de 2025

Alexander Doval Expósito
Alcalde