BDNS (Identif.): 879452.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/879452
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os pescadores enrolados en buques pesqueiros ou, segundo o caso, con titulación que permita desenvolver a actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
As axudas terán como finalidade:
A primeira adquisición dun buque de pesca.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 10 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se convoca para o ano 2026 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE119A).
Cuarto. Importe
Para o ano 2026 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria que figura dotada no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2026, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:
Aplicación orzamentaria: 16.02.723A.780.0.
Importe: 100.000 € para a adquisición dun buque de pesca.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
